Prensa
Responsable de prensa:
Silvia Regal. Fundación Semana Verde de Galicia
986 577000 / 669 840532
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Notas de prensa:
Nesta sección publicaremos as nosas notas de prensa.

- Con 867 inscritos, un 8,3% máis que o ano pasado, e un programa conformado por setenta propostas, un 40% máis, esta cita afiánzase como espazo para o intercambio de coñecementos e a formación en diversos ámbitos da informática e as novas tecnoloxías
- Hoxe, este evento estivo protagonizado pola entrega de galardóns das súas competicións de arte dixital, modding, setups, programación de robots, ciberseguridade e videoxogos, nas que se repartiron algo máis 6.000 euros en premios
- A cita, que ha tivo lugar na Feira Internacional de Galicia ABANCA, contou co apoio da Xunta de Galicia, impulsora da party, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e co patrocinio oficial da empresa Intermax Technology. Así mesmo, nesta edición o provedor galego Raiola Netwoks sumouse ao evento cun sponsor e o Clúster TIC Galicia patrocinou o programa de conferencias.
Ler máis...

- Álvaro Goyanes, cofundador de Fabrx AI, empresa pioneira na aplicación da intelixencia artificial ao desenvolvemento de fármacos, falou hoxe sobre IA para a impresión 3D de medicamentos personalizados no programa de conferencias da XGN Intermax AI Edition
- Esta cita coas novas tecnoloxías, que este ano celebra o seu 25 aniversario cunha edición especial centrada en intelixencia artificial, celébrase ata mañá no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA
Ler máis...

- Na xornada de hoxe esta lanparty, a maior de Galicia, conta cun amplo programa de actividades didácticas que achegan a informática e as novas tecnoloxías a todos os públicos
- Continúan tamén as distintas competicións e as actividades máis lúdicas tanto para os inscritos na Intranet como para os visitantes que acoden á Extranet
- O evento foi visitado esta mañá polo Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, José López Campos, quen estivo acompañado pola directora xeral de Xuventude, Lara Meneses; a alcaldes de Silleda, Paula Fernández, e o director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, Ricardo Durán, ademais doutras autoridades
Ler máis...
- Nesta edición especial, que coincide co 25ª aniversario da party, os participantes na súa Intranet dispoñen dunha conexión de 40 Gbps e dun programa con máis de 70 propostas
- Esta mañá levouse a cabo a tradicional conta atrás coa que o evento comeza oficialmente, na cal participou o director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán
- O evento, que terá lugar ata o domingo na Feira Internacional de Galicia ABANCA, conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e coa tecnolóxica galega Intermax Technology como sponsor oficial, ademais de incorporar nesta cita un patrocinio do provedor tamén galego Raiola Networks
Ler máis...

- Acorde á edición especial que celebra o evento, a intelixencia artificial terá gran protagonismo nas actividades, moitas delas de acceso libre e outras exclusivas para inscritos
- Esta cita terá lugar do 10 ao 12 de outubro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, se ben mañá abrirá as súas portas de forma non oficial na súa xornada pre-party, para facilitar o acceso graduado aos inscritos
Ler máis...