Non importa se es un scener, un gamer, gústache o modding, ou se simplemente non encaixas en ningún outro lado... Esta é a túa sección! Só che pedimos que deixes a vergoña de lado.
- Trivial de cinema
- Trivial de xogos
- Debuxo analóxico
- Fast relato
- Papers Flight Simulator
- Concurso de plastilina
Trivial de cinema
Se che gusta o cinema, sexa moito ou pouco, neste trivial vas comprobar que sabes máis do que pensas... ou non.
Trivial de xogos
Con tanto gamer no evento chegou a hora de demostrar quen sabe máis sobre a materia.
Debuxo analóxico
Demostra que ademais de con o teu PC tamén tes man para o debuxo. Darémosche un tema e terás que facer un debuxo á vella usanza.
Fast relato
Gústache escribir? Demóstrao no concurso de FAST RELATO. Dámosche un tema e tes un día para escribir unha breve historia.
Papers Flight Simulator
Desde os albores da humanidade o ser humano sempre tivo o soño de voar, agora nós dámosche un papel para que cumpras os teus soños.
Concurso de plastilina
Non todo aquí é con teclado e rato. Imos dar unha chea de plastilina e ti só tes que facer unha obra de arte con ela.

