Unha competición para quen fixo da súa setup o seu medio de expresión. Onde cada luz, figura e planta decorativa ocupa o seu lugar con precisión milimétrica. Escritorios a medida, harmonía visual e estética impecable. Aquí non gaña quen ten máis, senón quen domina a arte da orde e a perfección.

- Só poderán participar aqueles participantes da XGN INTERMAX 2025.
- Cada participante só poderá presentar o seu propio setup e será o do posto da XGN INTERMAX 2025 (as fotos/vídeos a entregar sacaranse en party).
- A inscrición realizarase mediante a intranet da XGN INTERMAX 2025.
- As cualificacións serán realizadas pola organización.
- Entendemos como setup o conxunto de varias partes, como o son: o monitor, os periféricos, decoración, etc. que deberá estar tal e como se utilizaría habitualmente.
- Manterase o setup limpo durante toda a party.
- As puntuacións obtidas subiranse á web e ao Discord tras a entrega de trofeo.
- No caso de que o setup incluíse algún simulador, este valorarase como unha parte do setup, non sería o setup en si.
- Para cualificar os setup valoraranse os puntos abaixo indicados e sacarase unha media sobre o total.
- As puntuacións irán do -1 ao 10, podendo puntuarse negativamente algún dos aspectos para valorar.
- O setup deberá ter temática a elixir polo participante, o tema pode ser calquera, películas, series, videoxogos etc. Un exemplo está na foto de máis arriba.
As características para avaliar serán as seguintes:
1. Estética:
Deseño Xeneral: Como se ve o setup no seu conxunto, incluíndo a harmonía de cores, a organización e a disposición dos compoñentes.
Iluminación: Uso de luces RGB, como se integran no setup e o seu impacto visual.
Temática: Se o setup segue un tema específico (por exemplo, futurista, minimalista, gamer... ) e como se mantén coherencia con ese tema.
2. Funcionalidade:
Ergonomía: Comodidade e facilidade de uso, incluíndo a disposición do teclado, rato e monitor, así como a cadeira e o escritorio.
Accesibilidade: Facilidade de acceso a portos USB, botóns e outros elementos necesarios.
Cable Management: Organización e ocultación de cables para manter un aspecto limpo e ordenado.
3. Innovación e Creatividade:
Solucións Creativas: Implementación de ideas únicas ou innovadoras no deseño e organización do setup.
Modificacións Personalizadas: Modificacións feitas a compoñentes estándar para mellorar a súa funcionalidade ou estética.
4. Limpeza e Mantemento:
Estado Xeneral: Limpeza e mantemento do setup, mostrando coidado e atención ao detalle.
5. Personalización e Tematización:
Elementos Personalizados: Inclusión de compoñentes ou accesorios personalizados que engadan un toque único ao setup.
Integración de Elementos Temáticos: Como se integran elementos decorativos ou temáticos co resto do setup.
6. Presentación:
Explicación e Xustificación: Como se presenta o setup aos xuíces, incluíndo a claridade e o entusiasmo na explicación do deseño e as eleccións realizadas.
7. Uso do Espazo:
Optimización do Espazo: Como se utilizou o espazo dispoñible, penalizarase aqueles setup que invadan o posto do compañeiro da beira.
12- Cada participante deberá presentar un mini clip de máximo 30 segundos, acompañado dun máximo de 5 fotos.
13- En caso de dúbidas sobre a aplicación do regulamento será a organización de Hardware quen decidirá sobre a devandita aplicación.
14- Todo incumprimento de calquera das normas significa a descualificación do participante, así como calquera trampa en canto á participación ou á autoría do traballo co que participa, dependendo da gravidade da infracción poderíanse tomar outras medidas.
15- Tódolos participantes deberán aceptar as condicións e regras da competición de Concurso de Setup, para poder participar.
Organizadores: Hardtxi
Zona: Hardware-Modding
Puntuaciones:
| Nº | Setup | Usuario | Score |
| 1 | League of setup | Flocos_de_millo | 9,25 |
| 2 | no_name1 | B1oste | 0 |
| 3 | Pinky promise | paulita36 | 4,50 |
| 4 | noname2 | EwilanSilentio | 4,63 |
| 5 | Broly |Dragon Ball | Adrianbl | 4,50 |
| 6 | noname3 | AquilaSilent | 0 |
| 7 | La Torre Oscura de G0llun | G0llun | 2,50 |
| 8 | El colmenar | Juppita | 7,63 |
| 9 | noname4 | Oscar12 | 3,50 |
| 10 | noname5 | Franer | 3,38 |
| 11 | noname6 | Barkooda | 3,13 |
| 12 | noname7 | korzor | 4,00 |
| 13 | noname8 | Feiroz | 0 |

