AMV

TEMA AMV: A Viaxe do Heroe

O AMV debe narrar visualmente esta viaxe, utilizando unha canción que complemente a progresión emocional e a transformación do protagonista.

Queremos ver e sentir as diferentes etapas.

Un Anime Music Video (video musical de anime) máis coñecido polo acrónimo AMV) é un vídeo musical realizado xeralmente con temática de Anime. A principal característica dos AMV é que están compostos de escenas dunha ou máis series ou películas de anime acompañadas por unha canción que busca sincronizarse co ritmo desta última. Debido ao seu carácter multimedia e a que son realizados de forma informal por fanáticos do anime, o maior medio de difusión dos AMV é o Internet a través de sitios web como upves.com e Youtube.

EXEMPLO:

Unha vez comezada a party poderedes subir as vosas creacións á Intranet.

Só se permitirá unha produción por autor.

Non está permitido o uso de intelixencia artificial. Os traballos que a utilicen serán descualificados.

A esta normativa compleménta a Normativa Xeral.

A participación na competición leva a aceptación das súas normas e das decisións do xurado.

Non esquezades poñer o voso nome ou nick e posto na party, por se tivésemos que poñernos en contacto convosco. Os traballos proxectaranse en pantalla a noite do sábado. A Organización resérvase o dereito de non proxectar aquelas producións cuxo contido considere inadecuado.

twitter facebook